19/3/13

Voluntariado en Cíes en Semana Santa: ultimas prazas

Aviso para lembrar a aqueles voluntarios e voluntarias de Camiño a Camiño que estean interesados en participar nas accións de voluntariado en Cíes durante Semana Santa, que hai dispoñibles prazas para a quenda 1 (23-26 de marzo) e para a quenda 2 (28-31 de marzo). As preinscricións hanse de facer no 010 e vanse confirmando ao final do día para que logo se faga a inscrición definitiva na Casa da Xuventude (López Mora 31) en horario de mañán e de tarde.