14/2/13

Previsión fin de semana 16-17 febreiro

Escomezamos Camiño a Camiño 2013 cunha fin de semana aparentemente atractiva, tanto en termos de actividades como de climatoloxía.

 Previsión de Meteogalicia

Voluntariado Camiño a Camiño
Iníciase a tempada este sábado 16, de 10 a 13 horas, con actividade no río Lagares. Quedase na explanada de coches enfrente ao Colexio Balaidos (ver punto de encontro en solapa "Voluntariado CaC"). 
Farase un percorrido pola beira do río Lagares para ver o estado despois das choivas e plantexar a actuación a facer ata semana santa.
 
Percorridos medioambientais
A primeira etapa centrarase no curso alto do río Lagares (ver detalle en documentos). Accederase a Lagoa Mol, nos terreos do Aeroclub de Vigo, e a partir de ahí irase realizando un trazado primeiro por espazos naturais e logo por espazos mais urbanos e industrias, ata chegar á Avenida de Madrid.


A ruta enmarcase na serie de rutas denominadas "A rede fluvial do Concello de Vigo". Para ilustrar o obxectivo da serie reproducimos sobre Google Earth esta rede (podedela ver con mais detalle pincando aqui)


 

Horta urbana de Fontáns
Este sábado 16, en horario de 10 a 13, está previsto, aparte de realizar as labouras de mantemento habitual, seguir co obradoiro de compostaxe comunitario.