Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

2/12/12

Camiño a Camiño: fin de tempada de rutas

O día foi expléndido de luz e a camiñata, cunha subida pronunciada, rematou dun xeito moi agradable en Vigozoo. A foto de familia e unhas verbas da Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, serviu para concluir as rutas "Camiño a Camiño" do ano 2012. 



As conversas polo camiño foron diversas e entre outros temas a pregunta máis frecuente era cando se retomaba o ano que ven. A Concelleira avanzou algunhas das liñas de actuación previstas tanto nas rutas en Vigo como nas rutas por Galicia.