1/6/12

Ultimos retoques na erradicación de exóticas en Alcabre

Un equipo de voluntariado achegouse este venres ás inmediacións da praia de Alcabre para a erradicación de Arcthoteca Calendula e así rematar co traballo iniciado o 11 de maio. Tamén nos atopamos coa "famosa" Cortaderia (Plumeiro da Pampa) e procedeuse a retirar algún dos exemplares, quedando uns poucos para a vindeira ocasión.
E para continuar co proceso de erradicación destas prantas invasoras na costa viguesa, está previsto continuar ca seguinte praia coñecida como O Tombo do gato.