7/6/12

Redución da ruta nocturna do sábado: Ramallosa - Faro Monteferro


Coma se pode ver no título, modificase a ruta que estaba prevista entre Monteferro e Cabo Silleiro por unha alternativa tamén moi interesante: A Ramallosa - Monteferro. Os motivos teñen que  ver con que o traxecto previsto para acceder ao Faro de Cabo Silleiro vai estar sometido a moi malas condicións atmosféricas (dada a previsión actual) e a que as condicións da estrada de acceso ao faro non proporcionan a seguridade mínima. No documento "Ruta dos Faros II" podedes ver os detalles da ruta.