6/5/12

Un éxito a primeira sesión de voluntariado no Lagares


102 voluntarios e voluntarias escomezaron este sábado 5 de maio o programa de voluntariado de Camiño a Camiño no río Lagares. Con el preténdese que os asistentes en Camiño a Camiño teñan un espazo de participación e responsabilidade cívica que permita coñecer o entorno medioambiental máis sensible do Concello de Vigo e corresponsabilizarse na conservación do mesmo.
A pesares da incertidume no tempo, estes 102 voluntarios e voluntarias enfundáronse as botas e o chuvasqueiro e desenvolveron accións de erradicación de prantas exóticas invasoras ao longo de toda a mañá, resultando finalmente a recollida próxima as 8 toneladas de materia orgánica. No apartado de voluntariado queda recollida a reportaxe fotográfica da xornada.




O Sr Alcade de Vigo, acompañado da Concelleira de Medio Ambiente, visitaron os traballos que se estiveron desenvolvendo, interesándose polos detalles da actuación. Posteriormente compartiron o "piscolabis" previsto, patrocinado polos supermercados Eroski, e tiveron ocasión de escoitar as esperiencias de voluntariado que tanto no río Lagares como nas Illas Cíes levan vivido os mais de 250 voluntarios que levan realizados os cursos de voluntariado dende o mes de marzo.