4/5/12

Preparados para a xornada de voluntariado no Lagares

Os coordinadores/as de voluntariado mantiveron este mércores unha xuntanza para ultimar os detalles da acción de voluntariado que se vai efectuar no río Lagares este sábado 5 de maio pola mañá. Na xuntanza estivo presente a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, que compartiu cos participantes o traballo que dende o seu departamento se está a desenvolver, e a importancia da labor que se inicia o sábado.
109 persoas voluntarias están inscritas na actividade e desenvolveran a súa laboura en 24 sectores no tramo comprendido entre o estadio de Balaidos e a Rúa Ricardo Mella. A partir das 9 da mañá, no aparcamento anexo ao CEIP de Balaidos estará  instalada a base de operacións e todas estas persoas voluntarias iranse distribuíndo nos sectores establecidos e iniciaran a súa laboura ata as 13:30 horas. No medio da mañá haberá un descanso cun piscolabis de mantemento. 


Observación sobre o terreo de coordinadoras co apoio de Fran, técnico de medio ambiente.


Con esta actuación inicia a colaboración co programa Camiño a Camiño os Supermercados Eroski Center, que aportarán entre outras achegas o "piscolabis" a distribuir entre as persoas voluntarias participantes.