15/3/12

O curso de voluntariado medioambiental do 17, completo

O curso de voluntariado medioambiental completou as 90 prazas previstas para o vindeiro sábado 17 de marzo.

O programa previsto para a acción formativa que se vai desenvolver de 10 a 14 horas é:
- Nocións básicas de voluntariado
- O voluntariado medioambiental en xeral
- Descanso
- O voluntariado medioambiental nas Illas Cíes (informarase da inscrición, do equipamento e das recomendacións a ter en conta)
- Acción práctica no entorno de Vigozoo.

Na medida en que o curso habilita para realizar labores de voluntariado nas Illas Cíes, levarase un seguimento de asistencia para a totalidade da mañán.