Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

11/6/16

As familias acampan hoxe en Cíes con Camiño a Camiño

Cun día fenomenal, unha centena de persoas integrantes de máis de 30 familias, van pasar a fin de semana nas Illas Cíes para coñecela en profundidade e experimentar as labouras de conservación que se están a desenvolver dende a Concellería de Medioambiente de Vigo en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Os rapaces e rapazas estaban moi ilusionados porque moitos deles era a primeira vez que ían de acampada e sabían que se ían atopar con algúns misterios e aventuras. 
Mañán incorporarase un grupo de preto de 400 persoas que tamén visitarán a illa durante todo o día.