Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

24/6/12

Entrega de diplomas ao voluntariado de Camiño a Camiño

Na mañá deste sábado 23 de xuño tivo lugar nas instalacións de Vigozoo a entrega de diplomas ao voluntariado que participou nos cursos e nas accións do período marzo-xuño 2012. O acto estivo presidido polo Alcalde de Vigo e a Concelleira de Medio Ambiente, desenvolvéndose nun ambiente cálido e moi distendido.




Preto de 400 persoas asistiron aos cursos organizados pola Concellería de Medio Ambiente dirixidos a introducirse na labor de conservación do medio que nos rodea, nomeadamente Illas Atlánticas, río Lagares e praias de Alcabre. Tal e como hoxe se podía comprobar nas conversas mantidas entre os asistentes, o nivel de colaboración logrado foi altamente satisfactorio, logrando realizar entre todas as persoas voluntarias preto de 3.000 horas de traballo no período abril-xuño. Un esforzo considerable cuns resultados destacados, anque nada máis que o inicio do previsto para o vindeiro curso.




Adicionalmente, os participantes que consideraron oportuno, realizaron a solicitude de preinscrición para as labores de voluntariado nas Illas Cíes entre os meses de xullo e setembro. Dada a demanda existente, as 325 prazas previstas inicialmente serán reforzadas con 50 adicionais. 
Ao longo da vindeira semana serán comunicado o resultado do sorteo para así posteriormente iniciar a inscrición definitiva.