16/2/17

Camiño a Camiño 2017 principia na primeira semana de marzo



A Concellería de Medio Ambiente ven de dar a coñecer a programación de Camiño a Camiño para a primavera. 

Nela recollense os percorridos medioambientais previstos, o calendario das hortas urbanas e dos cursos, así como aquela outra información de interese para os/as participantes e a cidadanía en xeral.

No apartado PROGRAMA (premer) atópase o detalle da programación, sendo o primeiro curso de hortas o vindeiro sábado 4 de marzo e a primeira ruta o domingo 5 de marzo. As inscricións para estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dede móbil)

Destacan como novidades para esta tempada os percorridos polas ribeiras dos ríos de Vigo e bisbarra, así como as senda polo Románico galego. Tamén están previstas Rutas por Galicia, as visitas ás Illas Atlánticas e dúas rutas nocturnas.

Xunto cos cursos de hortas habituais, tamén está previsto un Curso de formación de valores naturais dos humedais de Vigo e control de exoticas os días 24 e 25 de marzo en Vigozoo.

As hortas urbanas iniciarán a súa actividade a partires do martes 7 de marzo, nos horarios habituais. Activarase a partir de entón a inscrición ao 2º nivel para as persoas interesadas.