23/6/16

A partir do 23 de xuño terá lugar a inscrición no Voluntariado de Cíes

Este mércores 22 de xuño pechouse o prazo de preinscrición para o voluntariado medioambiental nas Illas Cíes. Houbo unha boa acollida e permitirá que haxa nutridos grupos de traballo en cada unha das quendas (ver máis detalle do proceso de inscrición na entrada do 14 de xuño: premer aqui).
Entre o xoves 23 e o martes 28 irase comunicando o resultado da adxudicación de prazas, comezando en primeiro lugar por aqueles que o fixeron para o mes de xullo. 
Nese período, os/as participantes terán que entregar a ficha de inscrición definitiva (premer aqui) na Casa da Xuventude, xunto coa fianza de 10 euros establecida. Nese momento confirmarase a praza. Para calquera dúbida podese contactar coa organización en info@caminoacamingovigo.org, no 608046047 ou na Casa da Xuventude.