2/5/14

Percorrido polo Folón, un luxo de cova no termo municipal de Vigo

A ruta do domingo 4 de maio, que será curta e contará con moi bo tempo, serviranos para coñecer algún dos elementos xeolóxicos mais descoñecidos e salientables do Concello de Vigo.  Visitaremos bolos graníticos, fervenzas e unha das entradas das covas do Folón. 
As covas do Folón son graníticas, feito moi inusual, posto que a maioría das covas fórmanse en rocha caliza.  Este feito dalles unha grande relevancia e singularidade xeolóxica. As covas teñen unha extensión total, entre as distintas galerías e túneles, de un kilómetro.  Son as terceiras covas graníticas con maior lonxitude de Europa Occidental e as novenas do mundo.