18/11/13

Percorridos clásicos por Vigo II: río Eifonso

O vindeiro domingo 24 temos un dos percorridos clásicos por Vigo: o río Eifonso. 
O Eifonso nace na zona de As Lagoas, nos terreos do Campus universitario de Vigo.  Ten unha lonxitude de uns 6 kilómetros e pasa polas parroquias de Beade, Bembrive e Sárdoma, que é onde desemboca no Lagares.  Boa parte do percorrido, en concreto a parte alta do río está sinalizada por un roteiro de pequeno percorrido, o PRG-5.
Como en anteriores ocasións, haberá opción de facer o percorrido subindo (Ruta longa) ou baixando (Ruta curta). Na opción da ruta longa faremos ademais un pequeno percorrido polos montes de Beade e iremos ata o nacemento do río.