26/5/13

Vigo achégase a Corrubedo polas dunas

Intensa fin de semana coas diversas actividades programadas. 
No voluntariado a participación vai en aumento tanto nas accións nos areais e no Lagares como nos cursos e no interese en implicarse en accións futuras.




Nas hortas o calor empeza a apretar e é preciso tomar medidas relativas ao horario de apertura e aos turnos de rega. A partir do 4 de xuño modifícanse os horarios: de mañán pasa a ser de 9 a 12 e nas tarde de 18 a 21. Tamén se argallan quendas de rega tanto en Fontáns como en Pedro Alvarado. 
Nos percorridos medioambientais, a visita ao sistema dunar de Corrubedo (ver fotografías) foi a guinda a un mes de coñecemento a fondo destes particulares ecosistemas tan próximos e a súa vez tan descoñecidos. 300 participantes quedaron abraiados de como a natureza, ao seu ritmo -nada máis e nada menos que 7000 anos, creou un auténtico paraiso, agora debidamente protexido e hábitat dun mundo de seres vivos de todo tipo. Semella que tamén con paciencia  somos quen de coidar o noso entorno.