Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

4/3/13

Domingo 10 marzo: percorrido polo Barxa, afluente do Lagares



O Barxa é o segundo afluente do Lagares en importancia, despois do río Eifonso.  Recolle as augas de varios regos dos montes de Beade e Valadares, confluíndo nun único canle.  Tras un percorrido de 5 kilómetros polas parroquias de Valadares, Beade e Castrelos tributa no Lagares, en Sárdoma.
O Barxa e o Eifonso son como dous irmáns pero con vidas moi distintas.  Os dous nacen moi preto, nos mesmos montes, ao redor do campus Universitario de Vigo, e desembocan no Lagares a escasos 500 metros un do outro.  Pero collen camiños distintos e cada un discorre polo seu val. 
Mentres o Eifonso atravesa algunha das zonas mais abruptas, menos urbanizadas e mais naturais do Concello, o Barxa fai un val aberto e amplo, de escasa pendente. Isto fixo do val do Barxa un lugar ideal para o asentamento da poboación e para terras de cultivo, sendo unha zona moi urbanizada e modificada, con moita poboación. 
Últimamente as ribeiras do Barxa e o propio río sufriron unha importante transformación, tras a construcción do Parque tecnolóxico e loxístico de Vigo e o novo hospital.  Así e todo, o Barxa,  aínda mantén algún tramo auténtico, con bosques de ribeira fermosísimos e ben conservados, como poderemos ver no próximo percorrido medioambiental. 
O xoves subirase ao blog a ficha técnica do percorrido. En todo caso como avance, estes son os datos.




Proceso de inscrición e de participación

Lembrar que para poder inscribirse nos percorridos medioambientais é necesario chamar ao 010 entre o luns e o xoves e reservar praza. Na solapa superior do blog denominada "Inscrición" atoparedes todos os detalles.
Unha vez inscrito, o domingo pola mañán, entre 9:00 e 9:30 pásase lista diante da marquesina de autobus situada enriba da Praza do Rei. 
Os/As participantes que xa dispondes de carné de Camiño a Camiño simplemente o tendes que presentar e así axilízase o proceso. Os/as novos participantes entregarásevos o citado carné.
De cara a facer cómodos os percorridos, recoméndase levar calzado de camiñar que suxete ben o pé e aqueles/as que o precisen un bastón de apoio. Na ruta deste domingo é esixente e por tanto é moi necesario atender estas indicacións.