Avisos

VOLUNTARIADO CAMIÑO A CAMIÑO:
- SENDEIROS: Acción en Monte dos Pozos... martes 25 e xoves 27. Convocatoria: 16 h en A Pasiva ou 16:15 en Monte dos Pozos
- MONTE DA GUÍA... mércores 26. Convocatoria aberta: 9:30 en Aparcamento Monte da Guía
- ACOMPAÑAMENTO CANS... mércores 26. Convocatoria por invitación: 9:30 no Refuxio de Animais (Candeán)
CURSOS FORMACIÓN:
- Curso de Iniciación ao voluntariado... sábado 6 outubro, 10-13h, Vigozoo. Incrición gratuíta no 010 dende 1 outubro.
- Curso básico de hortas urbanas... sábado 6 outubro, 10-13h, Vigozoo. Incrición no 010 dende 1 outubro. Custe: 5 euros a pagar en Vigozoo.
PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS: A ESTRADA... domingo 7 outubro, 10-13h, Vigozoo. Incrición no 010 dende 1 outubro. 7 euros. Ver na barra dereita do blog o Procedemento de pago.

Programa

Presentación  |  Percorridos medioambientais | Hortas urbanas de Vigo | 
Voluntariado | Cursos de formación
17 setembro 2018





PRESENTACIÓN



O programa de educación medioambiental “Camiño a Camiño” desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo ten previsto para os meses de outubro a decembro de 2018 unha programación que combina percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra e por Galicia, con hortas-escola, voluntariado e actividades formativas.


"Camiño a Camiño" ten como obxectivo a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. Nesta edición céntrase a atención en “percorridos a carón da sidra e o viño”, na medida en que se van visitar espazos naturais en A Estrada, O Rosal e O Ribeiro, onde hai longa tradición no cultivo da mazá e da uva para a súa posterior transformación. Xa en Vigo, percorreremos os sendeiros locais de Vigo, que atravesan os montes do concello, e que no outono presentan unha cara moi amable. 

Seguindo na liña de traballo da primavera, este tempada realizarase unha actividade educativa familiar que combina unha sesión en Vigozoo coa visita ao Parque Natural de Ancares.

Proseguirase coa actividade das hortas-escola, tanto no 1º nivel, de iniciación, como no 2º nivel, de profundización. Tamén se incide no voluntariado de sendeiros e de hortas urbanas, así como nas accións formativas de hortas e de voluntariado.





Máis información relativa á "Inscrición"



PERCORRIDOS MEDIOAMBIENTAIS
Rutas por Vigo (5) | Rutas a carón da sidra e do viño (3)



No mes de outubro vanse visitar tres entornos de interior coa característica común que teñen un entorno natural admirable e, a súa vez, son espazos propicios para o cultivo de mazá ou de viño.


Trátase, no primeiro caso, de A Estrada, unha vila denominada airista pola tradición no principio do século XX de “ir tomar os aires”, e na que se está desenvolvendo unha intensa actividade de produción de mazá para a elaboración de sidra. No caso do viño, visitaranse dúas zonas xa visitadas, pero que no outono teñen un atractivo especial: O Rosal e O Ribeiro.

Intercalado, no segundo domingo de outubro, arrancaremos cos sendeiros locais de Vigo e nesta ocasión os que atravesan os montes de Coruxo cara Oia-Saiáns, como acto de lembranza do primeiro ano dos incendios que asolaron un terzo dos montes de Vigo. Este percorrido farase coincidir coa programación que Montes de Vigo está preparando para esas datas.

Xa en novembro, en pleno outono, voltaremos aos sendeiros locais de Vigo e teremos ocasión de gozar do recén recuperado nos montes de Valladares, así como os que circulan por Beade-Bembrive, por Cabral e por Candeán. A ver que sensacións no deparan.

SENDAS A CARÓN DA SIDRA E DO VIÑO
7 outubro A Estrada (1)
21 outubro O Rosal (1)
28 outubro O Ribeiro (1)*


*Cambio de horario. Ver nova hora de saída

SENDEIROS LOCAIS DE VIGO
14 outubro Sendeiro Local Coruxo-Saiáns (2)*
4 novembro Sendeiro Local Valladares (3)
11 novembro Sendeiro Local Beade-Bembrive (3)
18 novembro Sendeiro Local Cabral (3)
25 novembro Sendeiro Local Candeán (3)
*Ver horario en detalle de actividade

(1) Percorridos de día completo con achega 7 euros (ata 200 prazas). Desprazamento autobús discrecional a cargo de cada participante. Menores de 12 anos: 50% da achega. Horario de convocatoria en A Estrada e O Rosal: 8:00 en Praza do Rei, para saír as 8:30; en O Ribeiro: 9:00 en Praza do Rei, para saír as 9:30. Retorno estimado: 19:00
Pagamento da achega, unha vez confirmada a praza, por sede electrónica do Concello de Vigo (https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/autoliq_mamb_percorridos.jsp) ou na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello). Ver no blog a Guía para o pago de percorridos.

(2) Sendeiro Local Coruxo-Saiáns (de mañá, gratuíto, ata 300 prazas): participación no acto de lembranza do primeiro ano dos incendios de Vigo en colaboración con Montes de Vigo. Horario de convocatoria: 8:00 en Praza do Rei, para saír as 8:30 ata CEIP A Paz e posterior subida ata Fragoselo. Retorno estimado: 14:00. Desprazamento autobús urbano.

(3) Resto Sendeiros Locais (de mañá, gratuíto, ata 300 prazas). Horario de convocatoria: 9:00 en Praza do Rei, para saír as 9:30. Retorno estimado: entre 13:30 e 14:30, na Praza do Rei. Desprazamento autobús urbano.

Inscrición e Funcionamento
Inscrición normal: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: o xoves.
Recollida do ticket de viaxe: ao coller o autobús na Praza do Rei. No caso de percorridos con achega presentarase o xustificante do pago no momento de acceso ao autobús.
Renuncia á inscrición: no caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23. Non facelo pode supór a limitación á participación en actividades posteriores.



Compromiso cero coas bolsas de plástico de un uso
Como xeito de adherirse ás campañas de erradicación do consumo de bolsas de plástico, Camiño a Camiño propónlle aos participantes nos percorridos medioambientais eliminar as bolsas de plástico nas actividades do programa e nos hábitos diarios.



ACTIVIDADES FAMILIARES


Seguindo na liña de traballo da primavera, este tempada realizarase unha actividade educativa familiar que combina unha sesión en Vigozoo coa visita ao Parque Natural de Ancares.

A proposta é traballar da man da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura os efectos da contaminación lumínica e da derivada do uso do plástico no noso entorno máis próximo. Para ilo, as familias inscritas participarán un sábado pola tarde nunha sesión teórico-práctica en Vigozoo, para nunha fin de semana achegarse a unha reserva natural como é os Ancares e comprobar as diferencias existentes nas temáticas abordadas.

Grupo 1 (ata 13 familias, con rapaces/zas ata 12 anos)
20 outubro, 16:30-19:30 Sábado en Vigozoo (1)
10-11 novembro Fin de semana en Ancares (2)

Grupo 2 (ata 13 familias, con rapaces/zas ata 12 anos)
27 outubro, 16:30-19:30 Sábado en Vigozoo (1)
17-18 novembro Fin de semana en Ancares (2)

(1) Actividade en Vigozoo (gratuíta). Realizaranse obradoiros familiares relativos ás temáticas de contaminación lumínica e contaminación co plástico. Presentarase a actividade de Ancares.


(2) Saída a Ancares (estadía e manutención a cargo de participantes): saída o sábado as 9:00 e retorno aproximado domingo as 21:00. Estadía e manutención dende sábado noite ata domingo ao xantar incluída na achega, que será de 50 euros por persoa adulta e 25 por menores ata 12 anos (a entregar por adiantado na actividade de Vigozoo).

Inscrición e Funcionamento
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60) entre o 8 de outubro e o xoves previo á actividade en Vigozoo.
Abono da achega: no momento da actividade en Vigozoo. 



HORTAS URBANAS DE VIGO



Horta-escola de Sardomela (Cabral)
Martes 10-13h e venres 10-13h 
  
Horta-escola de Fontáns (Lavadores)
Mércores 16-19h e sábados 10-13h 

Horta-escola de Ramón Nieto I 
Mércores 16-19h e sábados 10-13h 

Horta-escola de Pedro Alvarado (Teis)
Xoves 16-19h e sábados 10-13h 

Horta-escola de Navia  
Martes 16-19h e sábados 10-13h 

Horta-escola de Camelias  
Venres 16-18:30h

Hortas-escola en Vigozoo. 
Horario asignado a cursos e actividades de voluntariado

Requirimentos para participar nas hortas-escola de 1º nivel: ter Curso básico de hortas urbana e ter concedido praza previa solicitude nos cursos. Gratuíto.

Horta-escola de Ramón Nieto II e de Sardomela
Horario asignado a alumnado de 2º nivel.
Prazas: segundo dispoñibilidade do espazo. Gratuíto.

Requisitos: ter participado no último ano nunha horta-escola e asistir ao Curso de hortas urbanas 2º nivel

Máis información na solapa “Hortas urbanas de vigo” de Blog de Camiño a Camiño.



VOLUNTARIADO

A participación nos programas de educación medioambiental complétanse coa posibilidade que teñen todos os veciños e veciñas de Vigo de colaborar nas políticas medioambientais desenvoltas dende o Concello e Vigo. 

Este programa iniciado na primavera de 2012 está atendendo nestes momentos diversos frontes: conservación do río Lagares, A Bouza e os Areais, conservación nas Illas Cíes e actuacións nos programas de voluntariado de Vigozoo. A finais de 2013 engadíronse dúas liñas de actuación novas: voluntariado nas hortas urbanas de Vigo e voluntariado para o mantemento dos sendeiros no termo municipal de Vigo. 

En 2015, o voluntariado de Camiño a Camiño participa na recuperación do Monte da Guía e dende os incendios de 2017, na recuperación dos montes de Vigo.

Como novidade de 2018, o voluntariado de Camiño a Camiño colabora dende xullo co Refuxio de animais abandonados de Vigo nos paseos de cans.

Para poder participar no Voluntariado de Camiño a Camiño é preciso realizar o Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (ver apartado cursos).

As persoas voluntarias que xa participan en actuacións de voluntariado xa coñecen a dinámica de convocatoria (habitualmente vía correo electrónico e/ou blog). Os novos participantes, que teñen que ter asinado o acordo de voluntariado do Concello de Vigo, pódense inscribir en accións tanto nos propios cursos como no correo info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 231 023. 


Máis información sobre os requisitos para participar e as actividades abertas en todo momento pódense consultar na solapa "Voluntariado CaC" de caminoacaminovigo.blogspot.com



CURSOS DE FORMACIÓN


CURSOS DE HORTAS URBANAS

Unha demanda percibida por parte da Concellería de Medio Ambiente é o fomento das hortas urbanas. Para desenvolver esta iniciativa cómpre dispór duns conceptos básicos que se subministran neste curso e, logo, por suposto polos en práctica tanto en recintos particulares como en recintos municipais que se habiliten ao efecto. Preséntanse dúas convocatorias de 1º nivel e unha de 2º nivel:

Cursos de 1º nivel
6 outubro (sábado): quenda 1
11 outubro (xoves): quenda 2
Horario: 10:00-13:00 (sábado) ou 16:30-19:30 (xoves)
Lugar: Vigozoo.
Destinatarios: maiores de idade.
Grupo: ata 50 persoas 
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
Achega: 5 euros, a pagar no momento de entrada en Vigozoo.
Nota: a realización deste curso habilita para participar nas hortas-escola

Cursos de 2º nivel.
11 outubro (xoves)
Horario e Lugar: comunicaraselle ás persoas preinscritas nas hortas que cumpran cos requirimentos para participar no 2º nivel.


CURSO DE INICIACIÓN AO VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL


De cara a realización de labores de voluntariado medioambiental nas Illas Cies, nos Montes de Vigo, no Refuxio de animais abandonados e demais actuacións é preciso contar co curso de iniciación ao voluntariado medioambiental.


Ábrese unha acción para o 4º trimestre de 2018. Traballaranse contidos básicos sobre o voluntariado (dereitos e deberes, normativa, etc) e sobre voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño.

6 outubro (sábado)
Horario: 10:00-13:00
Lugar: Vigozoo.
Destinatarios: maiores de idade.
Grupo: ata 50 persoas 
Inscrición: 010 (dende móbil: 986 81 02 60), na semana da actividade: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00
Gratuíto.