Avisos

Hortas urbanas: arranca dende o martes 6 de marzo. En febreiro só voluntariado de hortas.
Percorridos medioambientais: arranca o domingo 4 de marzo coa Etapa 1 do GR-53 (Sendeiro panorámico de Vigo). Inscricións no 010 dende o luns 26 de febreiro.
Voluntariado de Sendeiros (acción revisión GR-53): martes 27 febreiro, 16:15-19h. Lugar: A Pasiva (15:45) ou Viveiros A Doa (16:15)
Voluntariado en Montes de Comesaña. Sábado 24 febreiro, 10-13h, acción plantación e erradicación plumachos. Lugar: a carón do antigo vertedoiro do Zondal.

Montes accesibles


O Servizo Municipal de Montes accesibles é unha iniciativa da Concellería de Medio Ambiente de Vigo que pretende achegar a natureza aos cidadáns e cidadás con mobilidade reducida que lles impide realizar actividades no medioambiente por sí sós.

Cada participante elixe o lugar que quere visitar chamando ao 986 810 210, podendo así realizar unha excursión que solicita de xeito gratuíto. Unha vez concertado o servizo, son recollidos e acompañados en todo momento por profesionais e guias coñecedores do territorio, podendo ser acompañados por familiares e amigos. Empréganse sillas especiais para facilitar a mobilidade.


Rutas por Cíes, paseos polo Monte dos Pozos, visitas ao Parque forestal de Beade ou Bembrive son algunhas das actividades que xa se teñen realizado. Esta aberto todo o ano, se ben ás Cíes só se poderá realizar durante os meses de verán.