Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

11/6/17

Expléndido fin de tempada de Camiño a Camiño nos montes de Valladares


A noite foi propicia para realizar un expléndido percorrido polos montes de Valladares. Certo que os desniveis a superar eran importantes, pagou a pena polas vistas que se gozaron tanto no Sanatorio do Alba como en Monte Cepudo e en Monte dos Pozos. 

Houbo vagar para contemplar a posta de sol e unha vista de Vigo e bisbarra pola noite que sen dúbida quedou na retina dos presentes. Houbo momento para contemplar o petroglifo da Tomada dos Pedros na Lapela, para facer un pequeno repaso da bóveda celeste, para ver trotar os cabalos pola noite e, como broche de ouro, para que a lúa chea iluminase o peche da andaina.

Nas fotos que achegamos para resumir a noite (premer aqui) tamén colaborou Nicolás cunha nutrida aportación.

En definitiva, que os percorridos de primavera de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente chegaron ao seu fin cun moi bo sabor de boca. Ata a vindeira tempada.