Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

5/6/17

Peche de Camiño a Camiño de primavera coa Nocturna por Valladares


O vindeiro sábado 10 de xuño terá lugar o segundo percorrido nocturno polos montes de Valladares e con ilo pecha a programación de primavera de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente. 

Percorreremos unha parte do sendeiro local de Valladares e agardemos que desta vez o ceo estea limpo e poidamos contemplar as magníficas vistas que tanto do monte Cepudo como do monte dos Pozos hai.

Lembraros que ao ser gratuíta esta etapa, a inscrición faise directamente no 010 (986810260 dende móbil) e que hai que estar na Praza do Rei o sábado as 20:30 para saír as 21:00.