Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

22/5/17

Inscrición na IV Andaina polos montes de Vigo ata o venres 26 de maio

O proceso de inscrición na IV Andaina polos montes de Vigo, organizada polo Concello de Vigo en colaboración con Montes de Vigo, prosegue a bo ritmo e está aberto ata o venres 26 de maio nas dúas sedes previstas: 5º andar de El Corte Inglés (deportes de montaña en horario comercial) e Casa da Xuventude (López Mora 31, de 9 a 14h e de 17 a 20h).

Coa inscrición entregarase un vale para recoller a camiseta da IV Andaina en El Corte Inglés entre a tarde do xoves 25 e o venres 26 de maio.



Lembrar que existe un amplo abano de posibilidades de participación (ver folleto):
Percorrido completo da Andaina: 40,1 km. Control en Praza do Rei as 7:00 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 8:45 dende Vigozoo. Realízanse os tres tramos trazados.

Percorrido Medio 1 da Andaina: 28,9 km. Control en Praza do Rei as 7:00 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 8:45 dende Vigozoo. Realízanse os dous primeiros tramos trazados.

Percorrido Medio 2 da Andaina: 20,1 km. Control en Praza do Rei as 8:30 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 9:30 dende a Área Recreativa do Pouso en Bembrive. Realízanse os dous últimos tramos trazados.

Percorrido curto da Andaina: 11,2 km. Control en Praza do Rei as 10:00 para coller os autobuses e iniciar a andaina as 11:30 dende o Parque Forestal de Beade. Tamén se pode acceder en coche ao propio PF Beade as 10:30 e realizar directamente o control de saída.. Realízase o último tramo trazado.

Pequerruta: 1,8 km. Trazado adaptado para familias con nenos/as moi pequenos. Logo poderase proseguir no novo Espazo de Multiaventura (con Tirolina, Rocódromo, Ximcana medioambiental, etc) creado no propio Parque Forestal de Beade. É preciso inscribirse no Percorrido curto, ben na modalidade de saída na Praza do Rei ou ben na saída no propio parque forestal.

Ruta adaptada a persoas con mobilidade reducida: 5,1 km. Está previsto que o servizo de apoio con sillas adaptadas para persoas con mobilidade reducida estea operativo o domingo 28. Neste caso a inscrición faise directamente na Concellería de Medio Ambiente, que informará dos detalles da dinámica.