Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

7/5/17

As tres igrexas románicas de Vigo nunha bonita etapa


Como colofón do achegamento ao Románico en Galicia, no día de hoxe tivo lugar a visita as tres representantes do Románico rural galego que se conservar en Vigo (por esta orde: San Salvador Coruxo, Santa María de Castrelos e Santiago de Bembrive) de 15 que non seu momento chegou a haber. Moito máis sixelas pero igualmente deslumbrantes, e máis nun día luminoso como o vivido. 


Dados os horarios, e coa colaboración do párroco de Castrelos, a visita máis intensa foi a esta igrexa, que a vindeira semana celebrará o seu 801 aniversario. Podemos descubrir a verdadeira xoia interior que ahí reside e que van facer dela posiblemente Ben de Interese Cultural galego.


No resume fotográfico (premer) atoparedes un estracto da visita e como comentábamos durante o percorrido é o claro reflexo da iniciativa e do traballo comunitario, que pervive no tempo.