Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

24/4/17

Peche do Románico galego con Oseira

Ao longo deste mes de abril fomos achegándonos a distintas expresións do Románico en Pontevedra e Ourense. A medida que pasaban as semanas comprobamos como hai significativas representacións desta época e, chegado este vindeiro domingo, veremos seguramente a que sexa a expresión máis significativa, despois da Catedral de Santiago: o mosteiro de Oseira. Ao longo desta semana colgarase no apartado Románico galego máis información.
A proposta que se ten prevista é facer un percorrido circular (13,4 km, dificultade media, con bastantes subidas e baixadas) arredor do mosteiro para contemplar o bonito enclave no que se sitúa dentro da parroquia de Oseira e, pola tarde, aquelas persoas que estean interesadas (estamos negociando a cota extra a pagar por grupo) poder facer unha visita guiada dentro do mosteiro cisterciense.
Precisamente o domingo coincidirase co grupo que está facendo a Ruta por Galicia en Cea-Oseira.