Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

6/11/16

Péchase o ciclo de percorridos polas serras con Galleiro II

Coa xornada de hoxe péchase o ciclo de percorridos polas distintas serras da contorna de Vigo (Galiñeiro, Suído, A Groba e Galleiro). Unha experiencia única para comprender a orografía na que está inmerso Vigo ou tamén chamado Val do Fragoso.
O día acompañou a pesar das amezas e algunhas gotas e o resultado foron vistas panorámicas moi fermosas como as recollidas nas fotos (CACV, Roberto, Nacho). Algunhas mostras: