Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

3/10/16

Semana intensa de percorridos e cursos

Nesta segunda semana de progamación da Concellería de Medio Ambiente está previsto a realización dos cursos de voluntariado e de hortas urbanas, así como o percorrido pola Serra do Suído e o percorrido por Galicia (Faro de Avión e Serra do Suído)

Serra do Suído.
O domingo 9 de outubro farase un percorrido pola Serra do Suído, onde coincidiremos cos participantes no percorrido por Galicia. Ao tratarse dun traxecto de día completo faranse 18 quilómetros en total, pasando por lugares interesantes como a aldea de Fofe, o foxo do lobo e un conxunto de chouzos (antigamente pasábase o verán nestas construcións para coidar o gando). Na parte alta do percorrido ascendermos ata 916m e na parte baixa chegaremos a estar a 342m. Na área recreativa de Pozo do Piñeiro farase a parada para a comida, para pola tarde facer 4 quilómetros ata chegar ao lugar de recollida do autobús.
A inscrición escomenza este luns 3 de outubro, sendo preciso primeiro preinscribirse no 010 (986810260 se se chama dende móbil) segundo os detalles recollidos na solapa "Programa"  e logo a inscrición definitiva e a achega de 7 euros realizase na Casa da Xuventude ata o mércores, quedando o xoves para non empadroados.



Percorrido por Galicia (Faro do Avión e Serra do Suído)
Durante este luns 3 de outubro segue aberto o prazo para inscribirse neste percorrido que se realizará entre o sábado 8 e domingo 9. Para máis información ver a nova do 25 de setembro (premer aqui)



Cursos de voluntariado e de hortas (8 de outubro)
Aqueles participantes en Camiño a Camiño que queiran habilitarse para participar nos distintos programas de voluntariado que a Concellería de Medio Ambiente (voluntariado urbano, voluntariado de sendeiros ou voluntariado nas Illas Cíes) pode facelo asistindo ao Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental do vindeiro sábado 8 de outubro, de 10 a 13 horas, en Vigozoo.
Igualmente quen queira participar no nivel 1 das hortas-escola que a Concellería ten distribuídas por Teis, Navia, Ramón Nieto, Sardomela ou Camelias, debe facer o Curso básico de hortas urbanas o sábado 8 de outubro, de 10 a 13 horas, en Vigozoo. Para este curso tamén está previsto outra quenda o 13 de outubro, de 17 a 20 horas.
En calquera dos dous casos, a inscrición realizase no 010 dende o luns 3 de outubro. O curso de voluntariado é gratuíto e o curso de hortas urbanas ten un custe de 5 euros a pagar no momento de acceso a Vigozoo.