Avisos

Hortas urbanas: arranca dende o martes 6 de marzo. En febreiro só voluntariado de hortas.
Percorridos medioambientais: arranca o domingo 4 de marzo coa Etapa 1 do GR-53 (Sendeiro panorámico de Vigo). Inscricións no 010 dende o luns 26 de febreiro.
Voluntariado de Sendeiros (acción revisión GR-53): martes 27 febreiro, 16:15-19h. Lugar: A Pasiva (15:45) ou Viveiros A Doa (16:15)
Voluntariado en Montes de Comesaña. Sábado 24 febreiro, 10-13h, acción plantación e erradicación plumachos. Lugar: a carón do antigo vertedoiro do Zondal.

2/7/16

O voluntariado nas Illas Cíes principia con novas incorporacións

Estamos en xullo e como todos os anos principia o voluntariado medioambiental nas Illas Cíes que promove a Concellería de Medio Ambiente en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas. 
Veñen por diante dous meses e medio de actividade constante en labouras de conservación, de limpeza e de sensibilización. 
Nesta edición houbo unha acollida moi boa con 130 solicitudes de participación e coa incorporación de novo voluntariado. Como mostra o grupo que iniciou as quendas.