Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

15/6/16

Entrega de premios do concurso fotográfico da Andaina en El Corte Inglés

Hoxe tivo lugar a entrega dos premios do concurso fotográfico "Descobre Vigo desde os seus montes" patrocinado por El Corte Inglés dentro do programa de actividades da IIIª Andaina polos montes de Vigo organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
No acto estivo presente o director do departamento de deportes de El Corte Inglés e un representante da Concellería de Medio Ambiente, que fixeron entrega dos premios aos tres gañadores -representados polos seus fillos-: Carlos Gude (Selfie), María Jesús Suárez (Paisaxes da Andaina) e Jose Luís Gayoso (Momentos da Andaina). Para ver as fotos gañadoras premer aqui.