Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

4/6/16

Arrancan as actividades en Cíes coa Acampada de adultos.

Este sábado 4 de xuño, finalmente con bo tempo, arranca a programación de actividades de Camiño a Camiño en Cíes coa Acampada de adultos. En total preto de 100 persoas participan, xunto con 11 voluntarios/as. 
O obxectivo é coñecer de preto a Illa, así como experimentar as accións de conservación que o voluntariado de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente desenvolve en colaboración co Parque das Illas Atlánticas. Xa nos comentarán que tal a experiencia.