Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

15/11/15

Outono en estado puro en Candeán

O percorrido de hoxe polo sendeiro local de Candeán introduciunos de cheo no outono, coa súa cor e as súas sensacións. As fotografías adxuntas e do album así o poñen de manifesto (premer aqui).
Nesta etapa acompañáronnos membros de Apamp (asociación de familias de persoas con parálise cerebral), que gozaron do lindo do percorrido adaptado e das explicacións realizadas.
Tamén houbo un minuto de silencio no arranque en lembranza das vítimas do terrorismo en París.