Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

10/4/15

O voluntariado escomeza coa Herba da Pampa

A famosa herba da Pampa (Cortadeira selloana) que se empregou como elemento ornamental nas autopistas, resultou ser unha planta invasora de importante magnitude. No río Lagares hai multiplicidade de colonias, que dende a Concellería de Medio Ambiente se pretende erradicar paulatinamente. 
Nestes vindeiros meses o voluntariado de Camiño a Camiño, nas sesións dos mércores e sábado pola mañá porase a facer a eliminación das partes superficiais. O mércores pasado houbo a primeira sesión e estas son algunhas das instantáneas do momento.