Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

13/3/15

Voluntariado Cíes en Semana Santa: inscrición entre 16 e 24 marzo

A Concellería de Medio Ambiente e o Parque N. das Illas Atlánticas veñen desenvolvendo nos últimos anos un programa de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes a partir de Semana Santa co obxectivo de contribuír á conservación do Parque.
Neste ano 2015 reedítase a actuación empezando coa acción de Semana Santa, na que está previsto que se continúe coa repoboación de especies autóctonas, erradicación de especies exóticas, limpeza de espazos públicos e colaboracións en proxectos de conservación e investigación.



Quendas de voluntariado:
Quenda A: do 28 ao 31 de marzo (ata 50 prazas)
Quenda B: do 2 ao 5 de abril (ata 50 prazas)

Nota: no caso de previsión climatolóxica adversa pódese suspender a acción con un día de anticipación ao inicio da actividade.

Proceso de inscrición:
Requisitos
1. Ter feito o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental da Concellería de Medio Ambiente.
2. Dispór de Acordo de voluntariado (no caso de faltar este requisito pódese completar en Casa da Xuventude)

Inscrición entre o 16 e o 24 de marzo en Casa da Xuventude (López Mora 31, de 9 a 14 e de 17 a 20) ou enviando a ficha de inscrición a info@caminoacaminovigo.org.



Nota 1: Os detalles de participación (equipo necesario, condicións, etc) pódense leer na ficha a descargar.
Nota 2: É posible que vaian acompañantes menores cos participantes se así se cubre na ficha, asumindo o custe do desprazamento á illa. Os acompañantes adultos terían que ir pola súa conta.

Para calquera dúbida podedes escribir a 
info@caminoacaminovigo.org, chamar ao 608046047.