Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

18/3/15

Sendeiro Local de Saiáns: ultimo antes de Semana Santa

A programación de percorridos de Camiño a Camiño remata no mes de marzo co Sendeiro Local de Saiáns, que a semana pasada houbo que trocar polo de Candeán. Mantense a previsión feita e que se recolle no seguinte mapa, así como no blog de sendeiros locais (premer eiqui).
Asemade, este sábado a acción de voluntariado de sendeiros terá lugar en Saiáns, quedando como en veces anteriores as 9:00 na explanada de coches de enfrente ao CEIP de Balaidos, ou as 9:30, no Parque Forestal de Saiáns.