Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

24/3/15

Os percorridos de inverno rematan co Sendeiro Local de Saiáns e coa 2ª etapa de Costa Atlántica

O sendeiro local de Saiáns centra as actividades de Camiño a Camiño na fin de semana previa a Semana Santa. Tanto o sábado, coa limpeza do sendeiro por parte do voluntariado como o domingo, co percorrido realizado, tívose ocasión de comprobar a vistosidade deste sendeiro e dos espazos do seu entorno (para visualizar fotos premer eiqui)



Por outra banda, esta fin de semana tivo lugar a segunda etapa de Costa Atlántica, entre Póvoa de Varzim e Viana de Castelo. Unha preciosidade de percorrido, con distintos e espectaculares escenarios. Para visualizar o extenso album de fotos, premer eiqui.