Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

2/3/15

Escomezan os sendeiros locais de Vigo por Matamá-Comesaña

O vindeiro domingo 8 de marzo escomeza un ciclo de percorridos polos sendeiros locais de Vigo creados pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo. Trátase de sendeiros circulares a partir do GR-53 (Sendeiro panorámico de Vigo) e que se desenvolven en unha ou dúas comunidades de montes do termo municipal.

O primeiro destes sendeiros será o de Matamá-Comesaña, de algo máis de 12 quilómetros. Para máis información do sendeiro pódese acceder ao blog descritivo do mesmo (premer eiqui). Para a inscrición cómpre chamar ao 010.