Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

30/1/15

Presentación Programación 1º semestre 2015

A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago ven de presentar a programación de Camiño a Camiño para o período febreiro – xuño 2015



Resaltar como novidade desta 9ª tempada de Camiño a Camiño, o percorrido pola Costa Atlántica a realizar en 5 fins de semana entre os meses de marzo e abril, así como a visita aos tres arquipélagos das Illas Atlánticas (Cies, Ons e Sálvora) durante maio.



No tocante aos percorridos por Vigo e bisbarra abordaranse rutas clásicas entre as que cómpre sinalar os humedais de Vigo, a Ruta da Auga e os sendeiros locais promovidos durante o ano pasado.

O vindeiro luns 2 de febreiro, comeza a inscrición no 010 (986.810.260 para móbiles) para o primeiro percorrido da tempada.

A partir do martes 3 de febreiro retómase o traballo nas hortas escola e o mércores 4 de febreiro, se o tempo o permite, principian as labores de voluntariado no río Lagares e demais espazos de interese medioambiental.