Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

14/11/14

Sendeiro local de Matamá-Comesaña arrancando dende Citróen.

O segundo sendeiro local que imos abordar en Camiño a Camiño é o de Matamá-Comesaña, un percorrido de novo trazado realizado coa colaboración do voluntariado de Camiño a Camiño e coa participación activa das Comunidades de Montes de Matamá e de Comesaña.


Nesta ocasión, ademáis, o percorrido vai principiar nas instalacións de PSA Peugeot-Citroen, onde se terá ocasión de visitar unha das coleccións arbóreas máis importantes en diversidade de Galicia, con 600 árbores de 214 especies distintas.  


A continuación accederase ao sendeiro local de Matamá-Comesaña polo muiño de Regueira e a partir de ahí poderanse comprobar unha variedade de espazos singulares e descoñecidos para a maioría das viguesas e dos vigueses: os petroglifos de Millaradas, a fraga das Alvorezas, o miradoiro de Outeiro de Deus, castro de Casás, fervenza das Lapas, etc. Por suposto, tamén visitaremos os parques forestais de Maruxento (Matamá) e de Aguiera (Comesaña), que serán os lugares de inicio habitual do sendeiro local.

A climatoloxía é posible que nos aguante e iso permitirá contemplar algún dos puntos de interese particulares: as canteiras de Matamá e as rodeiras ou rilleiras de Comesaña.