Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

24/9/14

Xuntanza de inicio de tempada do voluntariado en Vigozoo

Este martes 22 de setembro tivo lugar en Vigozoo a habitual xuntanza de inicio de tempada. 
A Concelleira Chus Lago fixo un repaso diante dos máis de 50 presentes do traballo desempeñado na tempada de primavera e verán e deu a coñecer as principais actuacións previstas para o outono-inverno 2014-15 nos eidos de: 
- Voluntariado urbano 
- Voluntariado de hortas
- Voluntariado de sendeiros
- Voluntariado de Vigozoo


Aproveitando o encontro revivíronse momentos desta primavera e verán a través de varios pases de fotografías e de videos das actividades.
Hoxe mércores principia o voluntariado do Lagares e de Sendeiros. O sábado o encontro será en Vigozoo para facer sementeiros e preparar accións das vindeiras semanas.
Na cabeza do blog iranse pondo as accións previstas todas as semanas.