Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

15/9/14

Escomezan os percorridos medioambientais con A Cañiza-Arbo e con rafting

Comezamos a tempada dos percorridos medioambientais de outono co achegamento a conca fluvial do río Miño.  Faranse tres etapas. Na primeira seguiremos as ribeiras dun dos seus ríos tributarios, o Deva. Ver información de inscrición pinchando eiqui.
A actividade está prevista para todo o día, en función da evolución da climatoloxía e dividirase en dous grupos: os que fan o percorrido a pe (ver texto despois do gráfico) e os 64 que fan o percorrido en embarcación neumática dende Arbo podendo contemplar o entorno do río dende o interior deste.
Todos terán que levar a comida do día, e os da actividade de rafting teñen que levar roupa para cambiarse (a organización proporciona os traxes de neopreno e os cascos) e para camiñar.

Ruta a pe



O inicio da ruta é a vila da Cañiza, comezamos na máxima altitude do percorrido, no Monte do Vieiro, a 565 metros, para ir baixando, prácticamente ata o mesmo cauce do Miño.
Dende a zona de Vieiro camiñamos ata o canón do río Calvo, este pequeno río e tributario do Deva, e no seu tramo final baixa encaixado nun fermoso e abrupto canón. Tras abandonar o val do Río Calvo accedemos ó val do Deva.  Dende aquí seguiremos parte dunha senda de pequeno percorrido, o PRG-165 Fragas e levadas do río Deva.  Este sendeiro atravesa algunha das mellores fragas que aínda conserva o río Deva, así como as numerosas levadas que conducían auga  ás aldeas e vilas da zona.
Camiñando a carón do Deva, chegamos a zona de a Lomba, onde faremos unha parada para xantar.  Tras repoñer forzas, continuamos ata o Coto da Moura.  Neste Alto disfrutaremos dunha excelente panorámica do val do Miño, así como de numerosos gravados rupestres. Posteriormente baixaremos polo medio de piñeirais e viñedos, ata o Pazo e os viñedos do Marqués de Vizhoja, onde nos recollerán os autobuses a media tarde.

Ruta en embarcación neumática

Previa á actividade realizarase unha acción formativa para cada un dos dous grupos que se formen. Namentres un grupo realiza a actividade de descenso, o ougro realiza un pequeno percorrido pola beira do río. Logo cambianse as tornas. O primeiro descenso ten máis dificultade e o segundo é máis sinxelo.
Unha imaxe tomada dende a embarcación é a que segue: