Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

30/8/14

Nutrido grupo nas quendas de voluntariado en Cíes de fin de semana

Hoxe sábado 30 de agosto principiaron as quendas de fin de semana para o voluntariado en Cíes. Un grupo de preto de 40 persoas acudiron á convocatoria co obxectivo de facer labouras de limpeza e de repaso do traballo de erradicación de invasoras feito ata agora. Tamén terán oportunidade de facer unha visita ao espazo para anfibios que en anteriores quendas de primavera prepararon.


Aqueles voluntarios/as que aínda estean interesados en quendas de fin de semana durante o mes de setembro, teñen posibilidade de inscribirse enviando un correo a info@caminoacaminovigo.org.