Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

6/6/14

Aprazamento da Ruta nocturna polo Monte Galiñeiro

Nocturna polo Galiñeiro
Debido a que a previsión metereolóxica do vindeiro sábado pola noite é desfavorable, a Concellería de Medio Ambiente decide pospór a ruta nocturna polo Monte Galiñeiro prevista para o sábado 7 de xuño. A nova data será o 14 de xuño no mesmo horario. As persoas inscritas manterán a súa praza, agás que anulen no 010 a mesma.


Ancares de primavera II
A actividade prevista para Ancares mantense dado que a previsión é favorable. A saída terá lugar as 8:00 na Praza do Rei.