Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

11/4/14

Terceira e última etapa da Ruta da Auga

Coa chegada do período de semana santa tamén chega ao seu fin a Ruta da Auga, esta vez entre Os Valos e O Calvario por ter feito o percorrido en senso inverso. O tempo vai acompañar e teremos ocasión de disfroitar dun percorrido moi vistoso.
Nesta ocasión a diferenza principal entre a ruta curta e a longa non é a distancia, posto que apenas varía nun kilómetro. A diferenza é o perfil.

A ruta curta vai dende os Valos ata a fonte das Mozas, en Teis, sen apenas pendentes nin desniveis.  A ruta longa é ben distinta, tras comezar no mesmo punto que a curta e facer un primeiro tramo común, polo trazado da auga.  En San Esteban de Negros comezamos a ascender ó monte.  Subimos ós montes do Vixiador e Penide, para baixar despois polo rego do Fondón e coller de novo o trazado da auga no tramo final.






Os dous percorridos atravesan bosques e regatos, así como pequenas vilas e aldeas.  Un dos principais atractivos son as vistas.  Poderemos disfrutar do fondo da ría de Vigo, da enseada de San Simón, a cal está protexida e incluída como LIC, na rede de espazos naturais da rede Natura 2000.  Así como do monte do Galleiro e da nosa cidade, entre outros fermosos recunchos.