Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

11/4/14

Cíes, protagonista nesta semana que entra

Coa entrada de semana santa, escomezan as quendas de voluntariado en Cíes. Este sábado arranca o primeiro grupo con moita espectativa por ver que se atopan na illa despois dun inverno tan forte.



Precisamente sobre este tema e sobre outros temas moi interesantes versou a maxistral conferencia impartida polo catedrático Juan Ramón Vidal Romaní onte no auditorio do Concello de Vigo. Poidemos comprender como emerxeu Galicia e como paulatinamente se foron creando as rías e, entre elas, as Illas Cíes. Tamén o porqué da profundidade da ría, que non acontece así no río Miño (último en aparecer e "gran ladrón de augas" de todos os demáis ríos de maior antiguedade). 
Nas imaxes, unha recreación de como eran os ríos hai 110 millóns de anos e que darían lugar ás rías. Tamén un momento da exposición.