Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

21/3/14

Percorrido interesante entre Monte dos Pozos e Montes de Comesaña

Este domingo está previsto facer un percorrido moi atractivo polos montes de Vigo. Teremos ocasión de comprobar como a primavera explota paulatinamente e semella que o tempo vai acompañar parcialmente.

Comezamos no Parque Forestal dos Pozos, para ir baixando ata a parte baixa da parroquia de San Andrés de Comesaña.  Gran parte dos terreos polos que pasaremos pertencen a Comunidade de Montes de estas dúas parroquias.  En Matamá coñeceremos a área recreativa do Maruxento e en San Andrés de comesaña o Parque Forestal de Comesaña.

É unha zona cunha orografía moi accidentada, na que perviven fermosas fragas, soutos e bosques de ribeira, aínda ben conservados.  Todo este territorio é rico en ríos e regatos, como o Rego de Presa, Regueiro das Cartas ou o de Freixó, que tributan no Regueiro da Rega, o cal se une ó Lagares na zona de Muíños.


Nestas datas de comezos de primavera, poderemos ver a floración de numerosas plantas e árbores, e como as fragas comezan a reverdecer tras un longo inverno.