Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

15/3/14

O domingo 16: percorrido polos humedais de Vigo

Este domingo 16 de Marzo principiamos os percorridos medioambientais da Concellaría de Medio Ambiente de Vigo. Logo de tantos meses de choiva coma tivemos e tanto almacenamento de auga por parte do solo da nosa cidade, compre salientar a importancia dos nosos humidais dentro da mesma, aproveitando que agora denotarase a súa enchida en toda a súa vistosidade.


A superficie de humedais que chegou ata os nosos días no Concello de Vigo é unha pequena porcentaxe da que ocupaban de xeito natural dende o nacemento do río Lagares, pasando por todo o Val do Fragoso, e ocupando unha basta superficie que vai tras o complexo dunar de Samil (Alcabre-Pertegueiras) ata a Xunqueira do Lagares (contemplado no Catálogo de Humidais de Galicia), sen esquecermos do rego de O Vao, onde tributan multitude de pequenos regos que baixan dos montes de Coruxo e embalsan nunha extensísima zona, agora delimitada en pequenos campos de labor, para desembocar ao mar onde o Areal do Serral.


Trátase de pequenas illas ou oasis dentro da nosa urbe que serven de refuxio a poboacións salientablesde flora e fauna autóctonas,incluíndo, nalgunhas zonas,endemismosgalegos de gran relevancia que compre a ter en conta, xa que se ven ameazados pola intrusión de especies exóticas e invasoras que, en conxunto con outros factores de descoñecemento ou esquecemento, como os vertedoiros ilegais de entullos, axudan ao avance na degradación e contaminación destes espazos tan importantes para o home como para o restos das especies que os habitan.

Lembramos que na entrada do blog do 7 de marzo recóllese o percorrido a realizar, que pode ser de traxecto longo (16Km) e de traxecto curto (8km)