Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

4/11/13

Semana con visita a Baños de Molgas e outros

A segunda semana de novembro presenta interesantes actividades despois dun bo sabor de boca do percorrido pola Ecopista do Miiño

- Percorrido por Baños de Molgas.
A visita aos espazos singulares o domingo 9 terá lugar en terras de Baños de Molgas, coincidindo coa primeira visita ao Bidueiral de Montederramo (9-10 nov). 
Atención, o luns 4 de novembro é a preinscrición en 010 e a inscrición definitiva é ata o xoves pola mañán na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 10 a 14 e de 17 a 20h). Lembrar que como é preciso saber o número exacto de prazas de autobús é preciso aboar o billete por anticipado (7 euros adultos e 3,5 euros menores de 12 anos). 





Inscrición do 2º grupo que visita o Bidueiral de Montederramo (16-17 novembro). Hai 40 prazas e igualmente a preincrición é no 010 e o a inscrición definitiva na Casa da Xuventude ata o mércores pola mañán (a partir dese momento actívase lista de agarda). O xoves 10 as 18:00 en Vigozoo: charla aos participantes sobre o percorrido e peche de temas organizativos. Pinchar aqui para máis información.

- Cursos básico de Hortas (9 novembro, pola mañán en Vigozoo)

Actividade de Voluntariado: Hortas, Sendeiros, Lagares e Vigozoo, cos horarios previstos e os grupos en función de convocatoria.

- Actividade de Hortas: Navia, Pedro Alvarado e Camelias, segundo a programación prevista. Xa se incorporan os participantes nos cursos de outubro.