Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

24/10/13

Planificación da fin de semana 26-27 outubro

Se a previsión do tempo se cumpre, vai haber oportunidade de aproveitar a fin de semana nas distintas actividades de Camiño a Camiño: percorridos, voluntariado e hortas.

1. Previsión Meteogalicia 

2. Percorrido medioambiental: GR53-4 Monte Aloia - Saiáns
A derradeira etapa do GR-53 parte do Monte Alba (ruta longa) e do Monte dos Pozos (ruta curta) e rematará na parroquia de Saiáns. Nesta ocasión o punto de inicio non é común para a ruta longa e a curta, polo que teremos que ter claro dende o principio a opción que escollemos. Ver máis información pinchando aqui.



3. Voluntariado medioambiental.
Dado que o sábado está previsto bo día, tres van ser as accións de voluntariado a realizar:
- O grupo do Lagares realizará unha repoboación no entorno de Muiños
- O grupo de hortas seguirá co proceso de acondicionamento de Fontáns e de Ramón Nieto.
- O grupo de sendeiros seguira coa remarcaxe do GR-53 de cara a que estea o máis presentable posible para o domingo.



4. Hortas urbanas
Igualmente que o voluntariado, e despois das diversas suspensións desta semana, o sabado semella un bo día para por a punto tanto a horta-escola de Navia como a de Pedro Alvarado. 
Tamén será un momento axeitado para que se incorporen os participantes nos dous cursos de hortas urbanas que se levan facendo neste mes.