Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

31/10/13

Planificación da fin de semana 2-3 novembro

Con previsión incerta para o sábado e boa espectativa para o domingo, preséntase unha fin de semana de "Todos os santos" moi interesante.

1. Previsión metereolóxica



2. Percorrido medioambiental por espazos singulares: Ecopista polo río Miño

Escomeza novembro e con el a visita a espazos dunha singularidade medioambiental destacada. A primeira visita, complementando ás realizadas na primavera pasada, terá lugar á ecopista do río Míño, que une Monçao con Valença de Miño pola antiga vía do tren. Teremos ocasión de facer incursións aos prezosos paraxes á beira do río e, no caso da ruta longa, completar o percorrido da ecopista (para ver documento pinchar aqui).



3. Voluntariado medioambiental.
Dúas van ser as accións de voluntariado a realizar:
- O grupo do Lagares proseguirá coa repoboación no entorno de Muiños (río Lagares)
- O grupo de hortas seguirá co proceso de acondicionamento de Fontáns e de Ramón Nieto.

4. Cursos de formación
Neste sábado concentranse en Vigozoo dúas accións formativas:
- Curso de Iniciación ao voluntariado medioambiental
- Curso básico de hortas urbanas.

5. Hortas urbanas
Ao longo da semana poidose traballar nas hortas urbanas e o sábado, se clarexa un pouco, poderanse rematar traballos iniciados.