Avisos

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑO A CAMIÑO OUTONO 2017: PRESENTACIÓN AO LONGO DESTA SEMANA

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Revisión do GR-53. Martes 26 setembro, 16:30 en Vigozoo. Xoves 28 setembro, 16:30 en Parque Forestal Bandeira.

7/10/13

O GR-53 protagonista dos percorridos de outubro

Escomeza o mes de outubro con bo tempo e co GR-53 (sendeiro panorámico de Vigo) explendoroso. Boa participación no percorrido deste pasado domingo e ganas de continuar o vindeiro domingo coa segunda parte.


GR53-1: Vigozoo - Lagoa Mol
O primeiro tramo do sendeiro panorámico de Vigo realizose nunhas condicións climatolóxicas óptimas, distribuíndose os máis de 250 participantes entre a ruta longa (incorporando nos seus 14 km algúns espazos de interese próximos ao GR-53) e a ruta curta (7 km), máis pensada para as familias -traballáronse as follas do monte Vixiador- e persoas que prefiren menos intensidade. 
En "Fotos Percorridos 2013" ou pinchando aqui pódense observar algúns dos momentos máis interesantes.




GR53-2: Parque Forestal de Cotogrande - PF de Beade
Como todos os luns, faremos un avance do percorrido do vindeiro domingo, que o xoves ampliaremos.


Nesta etapa iremos dende a zona de Peinador ata o Parque Forestal de Beade.  É un traxecto bastante lineal e sen grandes desniveis. O punto de inicio, tanto para a ruta longa como para a curta, será o punto de recollida do anterior percorrido.
O percorrido máis curto vai seguindo as marcas do GR-53, facendo paradas medioambientais e terá unha extensión aproximada de 9 km. O percorrido longo tamén seguirá as marcas a meirande parte do tempo, pero na parte final farase un circuito polos terreos do campus universitario de Vigo ata acadar 14.5 km. 

Neste percorrido poderemos coñecer 3 Parques Forestais: o de Cotogrande, Bembrive e Beade, así como as zonas forestais de A Pedriña e do Cuvi.