Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

13/6/13

Previsión fin de semana 14-16 xuño

A programación de Camiño a Camiño toca ao seu fin  cunha programación moi interesante e cunha previsión climatolóxica favorable (a ver se é certo). A clásica Aloia-Galiñeiro de todo o día servirá para pechar tempada de percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra. A terceira quenda de Ancares dará a oportunidade aos máis pequenos e as súas familias a coñecer un ecosistema auténtico de montaña. 

Previsións metereolóxicas (meteogalicia)




Percorridos medioambientais: Aloia-Galiñeiro de todo o día
No derradeiro percorrido da tempada, visitaremos o Parque Natural do Monte Aloia e percorreremos toda a Serra do Galiñeiro,  da que forma parte.  O monte Aloia foi declarado Parque Natural en 1978, o primeiro de Galicia.  O Aloia é unha auténtica atalaia a 700 m de altura con 5 miradoiros e extraordinarias vistas sobre o val do Miño e boa parte do sur da provincia de Pontevedra, así como do norte de Portugal.

Despois de percorrer parte do Parque Natural continuaremos camiñando pola zona  alta da serra dende o Aloia, no sur, ata o extremo norte do Galiñeiro, xa no Concello de Vigo.  A serra do Galiñeiro ten arredor de 15 quilómetros de lonxitude , está orientada de Norte a Sur, e aínda que unicamente está protexida en parte como Parque Natural, mantén un gran valor ecolóxico, arqueolóxico e etnográfico en toda a súa extensión.
Máis información no documento do percorrido (pinchar aqui)


Serrra do Galiñeiro vista dende o Aloia.
Visita a Ancares (quenda 3)
Nesta ocasión os protagonistas son os pequenos e as súas familias, cunha programación adaptada (pinchar aqui) entre o que está previsto coñecer a flora e fauna de montaña e tamén a forma de vida dos seus habitantes.



Voluntariado medioambiental
O día 19 rematan as accións de voluntariado urbano, en Lagares e Areais. Ata ese momento daranse os últimos repasos ao importante traballo realizado durante esta tempada.
Ata ese mesmo día está aberta tamén a convocatoria de prazas para o voluntariado en Cíes durante o verán (ver nova do 10 de xuño)



Hortas urbanas
A actividade nas hortas-escola de Fontáns, Pedro Alvarado e Navia prosigue con normalidade e acompañada favorablemente por estas choivas. Así en Navia xa se empezan a ollar os primeiros resultados.