Avisos

HORTAS URBANAS: Cambio de horario a partir do 18 de setembro: mañás de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
VOLUNTARIADO SENDEIROS: Martes 19 setembro e Xoves 21 setembro. 16:15 na Pasiva ou 16:30 no Parque forestal de Maruxento

9/5/13

Previsión fin de semana 10-12 maio

Coa previsión dunha fin de semana de bo tempo, presentase unha axenda de actividades intensa:

Previsión climatolóxica (meteogalicia)


Percorridos medioambientais
A visita ao sistema dunar das Cíes (ver documento) é a proposta prevista para a fin de semana. Sen dúbida trátase dun auténtico paraíso do que é preciso coñecer máis a fondo moitas das súas particularidades. Nesta ocasión, o percorrido é doado, e de entre os 400 participantes hai un número importante de novos inscritos en Camiño a Camiño que terán ocasión de achegarse á importancia de coñecer os espazos nos que se vive para logo coidalos con máis interese.
Terase ocasión de coñecer de preto a actividade que están a desenvolver o voluntariado de Camiño a Camiño en Cíes da man dos propios implicados.


Voluntariado Camiño a Camiño
Nesta fin de semana, xunto coas accións habituais previstas para o venres tarde e sábado mañán nos areais (ver programación na cabeza do blog) e para a fin de semana nas Illas Cíes, hai dúas accións adicionais: 
- xantar de confraternización no Parque Forestal de Vixiador o sábado a partir das 13:00 (interesados enviar confirmación a info@caminoacaminovigo.org)
- presentación das accións realizadas nas Illas Cíes ao longo do domingo (dentro do percorrido anteriormente citado)


Próximos cursos  de Iniciación ó Voluntariado. O 18 e o 25 de Maio, en horario de 10.00 a 14:00, van a facerse sendos cursos nas instalacións de Vigozoo. Para inscribirse é preciso chamar ao 010 na semana previa, ata o xoves.

Estes cursos habilitan para participar nas quendas de voluntariado para traballar nas illas Cíes durante o verán. Son quendas de 10-12 persoas durante 5 días dende principios de xullo ata finais de setembro. En setembro nas fins de semana serán grupos de ata 50 voluntarios/as. Tal e como se comunicará no momento da convocatoria de prazas, terán prioridade na adxudicación os voluntarios e voluntarias que teñan realizado 20 ou máis horas no voluntariado en Areais e no Lagares durante 2013.


Hortas-escola
Coas choivas caídas as hortas seguro que están en condicións de ter que adicarlle atención. Isto será o que se poderá facer tanto en Fontáns o sábado pola mañá como en Pedro Alvarado (Teis) o sábado pola tarde.